martes, 23 de junio de 2009

Concerto de alumnos no IES Chan do Monte



O día 22 e 25 de maio tivemos ocasión de disfrutar, no Salón de Actos do Instituto, de dous concertos nos que participaron os alumnos e alumnas de música. Tocaron pezas de Luar na Lubre, Gloria Gaynor, The Beatles (entre outros) así como algunhas Bandas Sonoras.

O concerto do día 25 resultou unha experiencia moi interesante xa que supuxo o "I Encontro Musical de Centros de Secundaria da vila de Marín". Nel participaron os centros IES Mestre Landín, o Colexio Inmaculada Concepción e o noso, o IES Chan do Monte. Esperamos que isto sexa o comezo dun proxecto que teña continuidade e dende aquí felicito a todos os alumnos e alumnas participantes.

Ata o curso que vén!!

No hay comentarios: