Aquí vos deixo a partitura que imos estudar para a semana, "Vois sur ton chemin". Espero que disfrutedes con ela igual que o fixestes coa película. Alguén se atreve a cantala na clase?
Pinchando na foto tedes unha páxina elaborada por María Jesús Camino, profesora do IES Meruelo, para que poidades ensaiar con playback a partitura.
Aquí vai outra entrega de vídeos dos alumnos e alumnas de bacharelato. No primeiro tocan o ritornello de "O Outono" de Vivaldi e no segundo, o comezo de "A Mañá" de E. Grieg.